Servizo médico Cabo de Cruz

Asociación de Veciños de Santa Mª do Castro

“A UNIÓN”


EXPÓN:

Queixáronse insistentemente os veciños de Cabo de Cruz pola deficiencia nos últimos días do servizo médico que se ofrece na Casa do Mar, debido a que estiveron enviando pacientes de urxencias desde o  Saltiño a ser atendidos aquí e iso colapsou a atención regular dos veciños facendo esperar aos pacientes ata tres e catro horas máis aló da súa cita concertada.

Nesta consulta tan só cóntase cun médico e unha enfermeira.

 

SOLICITA:

 

Sírvanse intervir ante as autoridades correspondentes, para que reconsideren nesta medida que afecta moito aos nosos veciños e non esquezamos que na súa maioría son persoas maiores.

 

Sen outro particular e agardando atendan a nosa petición, reciban un cordial saúdo.

 

A Xunta Directiva A UNIÓN ó ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE BOIRO

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario