CLASES DE BEJUMP

Convidámosvos a que veñades a facer exercicio con nós, temos preparadas estas clases de BEJUMP, que estamos seguros de que os gustará moito.


Horario de luns a xoves de 9:00 a 10:00 p.m.
No centro social de Cabo de Cruz


inscripciones inscricións no teléfono do cartel



LOTERÍAS NADAL DA UNIÓN

 

XA ESTÁ A VENDA A LOTERÍA NADAL DE "A UNIÓN"
PODES ATOPALA NO CENTRO SOCIAL, GASOLINEIRA E BAR MALECÓN, EN CABO DE CRUZ E TENDA RULES EN BOIRO.


 


Reparación escaleira á beira Club de Remo de Cabo de Cruz

 

Asociación de Veciños de Santa Mª do Castro

“A UNIÓN”


 

EXPÓN:

Hai unha escaleira recuberta con láminas de pedra, xusto á beira do Club de Remo de Cabo de Cruz. Esta escaleira co tempo perdeu varias das súas láminas de pedra, o que a fai moi perigosa para os que circulan por ela, xa que provoca desequilibrio e que tropecen, o que pode ocasionar un grave accidente.

 

SOLICITA:

 Sírvanse enviar a reparar a referida escaleira para evitar un fatal accidente.

 

 Adxunto fotografías para a súa mellor valoración.

 

 


Sen outro particular e agardando atendan a nosa petición, reciban un cordial saúdo.

 

 A Xunta Directiva A UNIÓN ó ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE BOIRO