Asociación de Veciños de Santa Mª do Castro
“A UNIÓN”
|
EXPÓN:
Hai unha escaleira recuberta con láminas de pedra, xusto á beira do Club de Remo de Cabo de Cruz. Esta escaleira co tempo perdeu varias das súas láminas de pedra, o que a fai moi perigosa para os que circulan por ela, xa que provoca desequilibrio e que tropecen, o que pode ocasionar un grave accidente.
SOLICITA:
Sírvanse enviar a reparar a referida escaleira para evitar un fatal accidente.
Adxunto fotografías para a súa mellor valoración.