Reconocimiento ao Alcalde de Boiro Dn. JOSÉ RAMÓN ROMERO GARCÍA


A UNIÓN, ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CABO DE CRUZ, fai patente a súa gratitude ao Alcalde de Boiro, DN. JOSÉ RAMÓN ROMERO GARCÍA, pola súa dilixencia e inmediata atención ás peticións que desde esta asociación solicitámoslle, facemos constar á opinión pública que o Sr. Alcalde tivo a ben recibir á mesa directiva desta asociación nos primeiros días da súa administración e a escoitado con moita atención e interese as nosas formulacións e necesidades urxentes aos que de inmediato a dado resposta, como son o tema da recolección de lixo que de inmediato mandou instalar novos contedores de vidro e papel onde non os había e ordenou a limpeza profunda dos existentes que xa estaban nunha situación que daba pena, así mesmo, agradecer a celeridade con que ordenou pintar o paso de peóns fronte á fábrica de Cuca que hai xa moitos anos viña reclamando por parte dos veciños que por aí teñen a necesidade de circular a diario, poñendo en risco as súas vidas pola falta de beirarrúas, igualmente agradecer a reparación da fonte do Carme que perdía auga constantemente e este feito facía perigar a seguridade dos que circulan ao redor da mesma. Tomáronse unha serie de medidas máis que xa iremos destacando a través dos diferentes medios de difusión con que conta a nosa asociación. Sabemos que temos necesidades moi importantes como é o paseo marítimo, pero entendemos que proxectos desa envergadura necesitan un forte investimento que haberá que xestionarse, polo momento comprácenos que os problemas cotiáns que nos preocupan a todos os veciños, como os que referimos, estean a atenderse con celeridade, situación que por suposto é de agradecer.



No hay comentarios:

Publicar un comentario