POBOACIÓN A QUEN VAI DIRIXIDA

A Parroquia de Sta. María do Castro alberga, no seu conxunto, unha poboación de preto de 3.000 habitantes (arredor dunhas 750 familias). Das oito parroquias que conforman o Termo Municipal é a que acusa unha maior densidade de poboación. Goza dunha situación económica que poderiamos cualificar de moderadamente boa, propiciada se cadra polo crecemento de diversos sectores productivos nos últimos anos, entre os que destacan a pesca e o marisqueo, o que comportou unha diversificación da actividade económica en torno a outros sectores: servicios, construcción, comercio, turismo, etc.

Este nivel de desenvolvemento socioeconómico e as distintas posibilidades que o lugar ofrece non se ven correspondidos cos niveis de desenvolvemento sociocomunitario, cultural e educativo, posto que as inversións realizadas neste senso atópanse practicamente centralizadas na capital do municipio.

As inquedanzas dos veciños e veciñas desta parroquia vense claramente reflectidas nas múltiples formas asociativas existentes e o alto nivel de actividades e servicios desenvolto por estas, a pesares dos poucos recursos con que ditas entidades contan.

É de destacar neste senso a actividade desenvolta e os servicios que están a prestar estas entidades nos seus diversos ámbitos de actuación, caso do Club de Xubilados, A.P.A. do C.P. de Sta. María do Castro, a Asociación Gamela, e A/VV “ A UNIÓN” no terreo sociocultural e educativo; o Club de Remo, Club de Volea e S.D. Cabo de Cruz no eido do deporte; así como as diversas agrupacións empresariais e profesionais no aspecto socioeconómico e laboral.

Aínda así, débese entender que as gañas e vontade amosada por estas entidades de traballar pola mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas desta parroquia non serve de moito se por parte das administracións non se lles facilitan as ferramentas e medios necesarios para o desenvolvemento da súa labor social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario