Asociación de Veciños de Santa Mª do Castro
“A UNIÓN”
|
EXPÓN:
Queixáronse insistentemente os veciños de Cabo de Cruz pola deficiencia nos últimos días do servizo médico que se ofrece na Casa do Mar, debido a que estiveron enviando pacientes de urxencias desde o Saltiño a ser atendidos aquí e iso colapsou a atención regular dos veciños facendo esperar aos pacientes ata tres e catro horas máis aló da súa cita concertada.
Nesta consulta tan só cóntase cun médico e unha enfermeira.
SOLICITA:
Sírvanse intervir ante as autoridades correspondentes, para que reconsideren nesta medida que afecta moito aos nosos veciños e non esquezamos que na súa maioría son persoas maiores.
Sen outro particular e agardando atendan a nosa petición, reciban un cordial saúdo.
A Xunta Directiva A UNIÓN ó ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE BOIRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario