Asociación de Veciños de Santa Mª do Castro
“A UNIÓN”
EXPÓN:
Os veciños da rúa do “ Corviño” e os da rúa de “ Curbera” en Cabo de Cruz, solicitan á policía municipal sírvase facer unha revisión do funcionamento destas dúas vías onde hai problemas nalgúns dos seus tramos xa que as rúas e estreitan demasiado e por iso debería permitirse aparcar unicamente dun lado da rúa, xa que se o fan nos dous lados como agora, os camións de servizos non poden pasar creando un caos e conflitos veciñais.
SOLICITA:
Sírvanse revisar as dúas rúas e dar unha solución para evitar estes problemas viales e os conflitos veciñais.
Sen outro particular e agardando atendan a nosa petición, reciban un cordial saúdo.
A Xunta Directiva A UNIÓN ó ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE BOIRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario