A Unión
Convida a asistir e participar nas
 
XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN: O MAR DE PLÁSTICO
 
25-26 de marzo de 2017


O mar é fonte vida: proporciónanos osíxeno, comida e unha forma de vivir.
Por todo isto e moito máis creemos que todos debemos respectalo e coidalo.
A presenza de residuos, moitos deles plásticos, pon en perigo o seu equilibrio e produtividade.

Convidamos a tódalas persoas que o desexen a participar nas xornadas de sensibilización que organiza o Foro ecolóxico de Boiro, en colaboración co Concello de Boiro e a Cruz Vermella.

Agradeceriamos profundamente a súa presenza e implicación

Sábado 25 de marzo, salón de actos do Centro Social de Boiro

18:00.- Presentación das xornadas e das institucións e entidades colaboradoras.
18:45.- Documental: Sopa de plástico.
19:45.- Charla-debate sobre posibles medidas para reducir a presenza de plástico nos noso mar. Reducir e reciclar: beneficios e posibles vías secundarias de ingresos para o sector do mar.

Domingo 26 de marzo, praia de Barraña

9:30.- Encontro para reparto de material e distribución de zonas de limpeza
10:00.- Traballos de recollida de resíduos non orgánicos.
13:00.- Finalización da recollida e depósito do material nas zonas habilitadas.
13:30. - Remate das xornadas.

Prégase confirmación, sobre todo para o día 26 para ter material dispoñible para todos. Mandar un correo a aunionxuntadirectiva@yahoo.es
A área de cultura da Deputación da Coruña acaba de publicar a convocatoria de 6 dos seus premios no BOP nº 93 do 18 de maio pasado. Para dar a coñecer e divulgar estas convocatorias para o ano 2106.
  • XXVIII PREMIO DE NARRATIVA TORRENTE BALLESTER (con dúas modalidades: galego e castelán)
  • XVIII PREMIO DE POESÍA GONZÁLEZ GARCÉS
  • XI PREMIO INTERNACIONAL DE ARTE GRÁFICO JESÚS NÚÑEZ
  • XI PREMIO DE BANDA DESEÑADA CASTELAO
  • XI CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS
  • VIII CONCURSO MUSICAL DEPUTACIÓN DA CORUÑA
 As persoas interesadas en participar nalgún(s) dos premios, poden pasar á oficina da Unión no Centro Social Cabo de Cruz 2º andar para consultar as bases dos concursos.

«A forma de conseguir avances non pode ser outra que a base de insistir»

A agrupación de Cabo de Cruz impulsou melloras e a realización de proxectos na localidade

La Voz de galicia 




MODIFICOUSE O CALENDARIO FISCAL





A Unión informa:



Infórmanos o Concello de Boiro, que por motivos de modificación do calendario fiscal, a contribución do “IBI” que viña realizándose no mes de novembro de cada ano, agora farase no mes de abril para os domiciliados. Os que non lo esteen, deberán pagar do 20 de marzo ao 20 de maio. Si se desexa, poderase fraccionar o pago, para elo deberá presentarse solicitude en o Concello antes do primeiro de marzo e poderá pagar en tres pagos. O primeiro o 20 de abril, o segundo o 5 de xuño, e terceiro o 5 de xullo.


Agora o imposto dos vehículos pagarase a finais de ano.
O Pasado sábado 21 de febreiro levouse a cabo o baile degustación no deportivo de Boiro e "A UNIÓN" colaborou co apoio das súas socias na elaboración desta mostra de doces típicos


Campeonato de España de Bateles

A UNIÓN felicita aos campións do Club de Remo de Cabo de Cruz que unha vez mais se impuxeron conseguindo unha medalla de ouro e duas de prata no CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BATELES disputado en Camargo-Cantabria

Son uns CAMPIÓNS e orgullo de todo Cabo de Cruz

XUNTA DE ASEMBLEA DE A UNIÓN

Estimados socios e veciños, informamoslle que o vindeiro día 21 de setembro, teremos unha asamblea xeral, que terá lugar no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz as 6:00 tarde. Principalmente debatiremos a afectación da parroquia dende a reciente reforma da Ley de Costas, e informaremos do estado das contas da asociación entre outras cousas. Contaremos ca asistencia do Sr. Alcalde de Boiro Dn. Juan José Dieste Ortigueira e o Arquitecto Dn. Amancio Losada, que explicarán na medida do posible as xestións feitas dende o concello ó respecto. ¡Non faltedes!
Socios de "A UNIÓN"
e veciños de Cabo de Cruz


Luis Carlos Paz Martínez

O Presidente de "A UNIÓN" 

Informa:

A Asociación de Veciños "A UNIÓN", tras o nomeamento do seu novo presidente ea súa mesa directiva,  solicitou ao Concello de Boiro a realización de varias obras urxentes para o pobo de Cabo Cruz.

"A Unión" quere compartir con vostede o seu entusiasmo e satisfacción pola boa vontade das autoridades do Concello de Boiro que tras a peticións feitas pola nova directiva da “A UNIÓN”, tomaron a iniciativa e aplicou as seguintes obras:

  • A construción do aparcadoiro e beirarrúas da escola de Valiño, traballo feito para a seguridade dos nenos.
  • Reconstrución da rúa "Corvino", traballo que está en marcha e a piques de rematar.
  • A sustitución da acometida de auga que abastece a Cabo de Cruz, que estaba moi danada e en reparación constante, agora ten un avance de aprox. do 75%
  • A construción da estrada do Chazo ten xa marxes limpas, esta listo para a súa pavimentación
  • A xestión para o establecemento de unha liña de autobús directo do Cabo de Cruz ata Hospital do Barbanza xa autorizado e será posta en marcha en breve.

ENTREVISTA CO SR. ALCALDE DE BOIRO

Hoxe 7 de Novembro de 2012 as 12:30 hrs. o presidente de "A UNIÓN" Dn. Luis Carlos Paz entrevistase nesta nova andadura, co Sr. Alcalde de Boiro para tratar varios asuntos de importancia como son entre outros o mantemento do consultorio medico de Cabo de Cruz ou a promoción de una linea directa Cabo de cruz - Boiro ata o Hospital de Barbanza.

NOVO PRESIDENTE DE "A UNIÓN"


O pasado 27 de Outubro de 2012, celebrouse asemblea xeral de socios onde se eligió como novo presidente da entidade a Dn. Carlos Paz quen dirixira a asociación durante os seguintes dous anos.

En seguinte reunión de directiva acordouse por unanimidade o seguinte equipo directivo:

Vicepresidente        José Ruiz
Secretario               José Seijas
Tesoureiro              José Romero
Vocal                      Germán Muñíz
Vocal                      Benigno Sánchez
Vocal                      Inmaculada Romero
Vocal                      Rosa García