Asociación de Veciños de Santa Mª do Castro
“A UNIÓN”
|
EXPÓN:
A Estación Depuradora de Augas Residuais (“EDAR”) situada en Cabo de Cruz está rodeada por un paseo para acceder a Punta do Campo, un miradoiro dende o que se pode contemplar a ría de Arousa. O perímetro da EDAR está pechado por un valado que permite ver o seu interior. Aínda que hai árbores dentro da EDAR para reducir o seu impacto visual, os residuos fecais están a vista dende o paseo.
Esta asociación recibiu queixas dos veciños que manifestan que non poden desfrutar do mencionado paseo porque é imposible non presenciar as augas fecais no interior da EDAR , que, en varias ocasións, atópanse estancadas.
SOLICITA:
A adecuación do valado da EDAR para que os residuos fecais non se podan ver dende o paseo adxacente. Existen varias solucións técnicas que permitirían acadar este obxectivo, por exemplo, a plantación de árbores o longo de todo o perímetro da EDAR, a colocación de enredadeiras ou a instalación de paneis opacos no valado da EDAR.
Adxunto fotografías para a súa mellor valoración.
Sen outro particular e agardando atendan a nosa petición, reciban un cordial saúdo.
A Xunta Directiva A UNIÓN ó ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE BOIRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario