A UNIÓN, ASOCIACIÓN DE
VECIÑOS DE CABO DE CRUZ, fai patente a súa gratitude ao Alcalde de Boiro, DN.
JOSÉ RAMÓN ROMERO GARCÍA, pola súa dilixencia e inmediata atención ás peticións
que desde esta asociación solicitámoslle, facemos constar á opinión pública que
o Sr. Alcalde tivo a ben recibir á mesa directiva desta asociación nos
primeiros días da súa administración e a escoitado con moita atención e
interese as nosas formulacións e necesidades urxentes aos que de inmediato a
dado resposta, como son o tema da recolección de lixo que de inmediato mandou
instalar novos contedores de vidro e papel onde non os había e ordenou a
limpeza profunda dos existentes que xa estaban nunha situación que daba pena,
así mesmo, agradecer a celeridade con que ordenou pintar o paso de peóns fronte
á fábrica de Cuca que hai xa moitos anos viña reclamando por parte dos veciños
que por aí teñen a necesidade de circular a diario, poñendo en risco as súas
vidas pola falta de beirarrúas, igualmente agradecer a reparación da fonte do
Carme que perdía auga constantemente e este feito facía perigar a seguridade
dos que circulan ao redor da mesma. Tomáronse unha serie de medidas máis que xa
iremos destacando a través dos diferentes medios de difusión con que conta a
nosa asociación. Sabemos que temos necesidades moi importantes como é o paseo
marítimo, pero entendemos que proxectos desa envergadura necesitan un forte
investimento que haberá que xestionarse, polo momento comprácenos que os
problemas cotiáns que nos preocupan a todos os veciños, como os que referimos,
estean a atenderse con celeridade, situación que por suposto é de agradecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario