CHARLA INFORMATIVA SOBRE O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL (POL)

O xoves, ás 20.30 horas, os veciños da parroquia do Castro están citados nas instalacións da Asociación de Mexilloeiros de Cabo de Cruz para coñecer as novidades con respecto ao plan autonómico e expor as súas alegacións respecto diso.

A UNIÓN, NO SOCAIRE ESPECIAL EDITADO EN ABRIL DESTE ANO 2010, XA TRATABA DE INTRODUCIR ÓS SEUS ASOCIADOS NO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL:

¿Qué é o POL e para que sirve?

O POL é un documento redactado pola Xunta de Galicia destinado a ordenar ou salvagardat os valores da nosa costa, e do noso litoral.

¿Aféctalle o POL a os veciños da nosa parroquia?

Sí, aféctanos a todos porque este documento, aumenta de maneira considerable o nivel de restriccións (protección) de tódolos terrenos, vivendas e demais propiedades de toda a parroquia. Señalar como exemplo máis significativo, que neste novo documento, os terrenos da zona de Carragueiros pasan a ser considerados como CORREDOR ECOLÓXICO, imposibilitando calquer tipo de desenvolvemento urbanístico nun futuro.

¿Aféctalle o POL ó urbanismo local do PXOM?

Sí, posto que o POL te carácter supramunicipal, isto quere decir, que ten un rango superior ó Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Nun futuro, calquer modificación recollida neste novo documento, terá carácter definitivo. Na medida do posible, as modificacións que se recollan, deberían ser favorables ós propietarios, pero neste caso, agrávanse de maneira considerable, posto que tanto os núcleos urbanos como o chan urbano consolidado, son os únicos que non se van ver afectados neste novo plan.

¿Qué vai facer A UNIÓN?

A Unión vai facer tódalas xuntanzas necesarias, para que tódolos socios donos de terrenos, vivendas e demais propiedades da parroquia, teñan toda a información relativa a este novo problema urbanístico.

¿Pódense facer alegacións?

Sí, ainda que neste momento, estamos nun proceso de información da Xunta ós concellos, no cal os concellos, só poden facer suxerencias. Mais adiante, haberá un periodo de exposición pública, e nese momento é cando desde A Unión, defenderemos que o Concello recolla as alegacións que os socios consideremos oportunas.

POL - PÁXINA WEB DA XUNTA DE GALICIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario