MEMORIA DE LOGROS

Ø A Asociación de Veciños “A UNIÓN” de Sta. María do Castro é unha das entidades pioneiras a este respecto no termo municipal, xa que dende a data da súa constitución, no ano 1979, vén desenvolvendo unha moi importante labor nos distintos eidos que afectan á vida cotiá e á realidade do lugar, en consonancia co seu principal fin que é o de servir á comunidade que a conforma.

Ø Proba desta traxectoria son os distintos logros acadados e os investimentos realizados en distintos lugares da parroquia e moi especialmente no que se refire á mellora de infraestruturas e servicios, así como a defensa dos intereses dos veciños/as da parroquia ante as distintas administracións e organismos públicos:
o Construción e remodelación do Cemiterio Parroquial, coa colaboración do Concello de Boiro e da Deputación Provincial. Así como unha posterior ampliación do mesmo iniciada no ano 1998 e rematada no 2001, continuando na actualidade colaborando coa xestión do mantemento do mesmo.
o Reparación dunha Soleira no lugar da Ribeira Grande, coa axuda do Padroado Provincial para a Mellora do Medio Rural, no ano 1998.
o Primeira, Segunda e Terceira Fase, nos anos 2000, 2001 e 2002 respectivamente, da construción dunha Área Recreativa no entorno da Igrexa de Sta. Mª do Castro, xunto coas axudas acadadas da Deputación Provincial e do Concello de Boiro, procedendo na actualidade cunha Cuarta Fase.
o Elaboración, consensuada con tódalas entidades locais, do proxecto da ampliación do peirao de Cabo de Cruz, no 2001. Seguimento na actualidade do estudio do proxecto.
o Estudio do PXOM e presentación de alegacións ó mesmo coa pretensión de mellorar o desenvolvemento da Parroquia do Castro.
o Acadar a participación da Entidade nos Plenos do Concello no ano 1998.
o Convocatoria dunha Mesa Redonda de tódolos candidatos ás eleccións municipais por segunda vez.
o Loita contra os vertidos e a contaminación en defensa da saúde pública, sempre que é necesario.
o Loita pola existencia dun servicio básico de saneamento e denuncia pola falla do mesmo, dende o ano 1997.
o Loita por acadar a construción de instalacións para actividades deportivas e culturais, a través da presentación de propostas ás entidades competentes, dende o ano 1997.
o Actualmente, traballando no proxecto de construción dunha Casa Rectoral e Salóns Parroquiais multiusos en Sta. Mª do Castro e na sinalización de toda a Parroquia do Castro, entre outras cousas.
o Arranxo de camiños veciñais, alumeado, etc.
o Arranxo do Parque Infantil de Subuqueiro no ano 2006.
o Paseo Marítimo da Ribeira Grande 2007.
o Remodelación do Paseo Marítimo de Carragueiros no ano 2008.
o Arranxo do muelle da Abilleira no ano 2007.
o Cambio do alumeado na carretera xeral, dende a de Pita ata a Praza do Carme no 2007.
o Parque biosaludable xunto á Casa do Mar no 2008.

Ø Esta entidade, que conta con máis de 300 familias asociadas (máis de 1.000 beneficiarios/as), ten posto en marcha dende o ano l995 un amplo programa de actividades culturais e servicios co fin de atender e dar resposta ás distintas necesidades e intereses veciñais, así como fomentar a cultura e a sociabilidade entre a xente do pobo:
o Homenaxe ó Club de Remo de Cabo de Cruz no ano 1999.
o Celebración do 70 Aniversario da Parroquia no ano 1999.
o Creación dun Grupo de Danza e Música Tradicional, chamado “Ondas do Castro”.
o Celebración de Festas Tradicionais, cada ano (Festival de Nadal, Entroido, Letras Galegas, Magosto, Recuperación da Tradicional Romaría do Castro)
o Campañas de difusión cultural (charlas, encontros literarios, viaxes culturais, exposicións de pintura, fotografía, manualidades, etc.)
o Concursos Fotográficos e Literarios.
o Cursos e clases dirixidos a tódolos niveis (Pintura, Manualidades, Bolillos, Informática, Música Tradicional, Baile Tradicional, Inglés, Galego, etc.)
o Preparación para as probas de acceso ó Título de Graduado Escolar para maiores, así como ESO e Bacharelato dende o ano 2000.
o Actividades Deportivas (campionatos, xogos populares, etc.)
o Edición dun Boletín Informativo trimestral chamado “Ó Socaire” dende o ano 1995.
o Creación e apertura dunha biblioteca local no ano 1995.
o Nacemento dende A Unión da Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras “Gamela” de Cabo de Cruz.
o Creación dunha aula de internet acadada dunha subvención da Consellería de Cultura coa contribución de 5 PC, no 2002.
o Organización do Mes Cultural no Castro – maio 2002 e maio 2003: celebración das Letras Galegas coa realización de todo un mes de actividades culturais e deportivas (concursos, xogos populares, charlas, concertos, obras de teatro, exposicións, etc.)
o Esta actividade acadou un importante éxito de participación e aceptación nos dous anos.

o Creación da Comunidade de Propietarios do Cemiterio do Castro en Xaneiro do 2006, esta comunidade rexirá o Cemitério Parroquial de Sta. María do Castro.

o Nacemento dende A Unión da Asociación Festas do Carme de Cabo de Cruz en Novembro de 2006.

o Biblioteca informatizada cun PC, acadado dunha subvención da Secretaría Xeral de Comunicación en Maio do 2006.

o Actuación do Grupo de Baile Tradicional AROÑA e o Grupo de Gaitas Noitebra, no 2007.

o Celebración do Nadal coa ornamentación dunha árbore de Nadal, prantando no Parque de Subuqueiro un abeto, con animadores socio-culturais e Papa Noel, chocolate e castañas asadas.

o Inclusión da entidade dentro do Programa LEADER de Galicia 2007-2013.

o Homenaxe a Tripulación Feminina Trainerillas do Clube de Remo de Cabo de Cruz, por seren campionas de España, neste homenaxe entregóuselles unha placa conmemorativa durante as Festas do Carme 2008.

o Solicitude de titularidade pública do manatial de Fontenla no 2008.


Ø Con motivo de tentar prestar un servicio de defensa dos dereitos e de xestión particular dos intereses de cada socio (licencias, certificacións, solicitudes, pensións, becas, permisos, declaracións da renda, etc.), é polo que ten aberto ó público un local de Información e Atención Cidadán, e da mesma maneira acadar outro dos obxectivos propostos: procurar e xestionar axudas a tódolos niveis, que redunden na consecución dunha mellora na calidade de vida no conxunto desta parroquia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario