A área de cultura da Deputación da Coruña acaba de publicar a convocatoria de 6 dos seus premios no BOP nº 93 do 18 de maio pasado. Para dar a coñecer e divulgar estas convocatorias para o ano 2106.
  • XXVIII PREMIO DE NARRATIVA TORRENTE BALLESTER (con dúas modalidades: galego e castelán)
  • XVIII PREMIO DE POESÍA GONZÁLEZ GARCÉS
  • XI PREMIO INTERNACIONAL DE ARTE GRÁFICO JESÚS NÚÑEZ
  • XI PREMIO DE BANDA DESEÑADA CASTELAO
  • XI CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS
  • VIII CONCURSO MUSICAL DEPUTACIÓN DA CORUÑA
 As persoas interesadas en participar nalgún(s) dos premios, poden pasar á oficina da Unión no Centro Social Cabo de Cruz 2º andar para consultar as bases dos concursos.

«A forma de conseguir avances non pode ser outra que a base de insistir»

A agrupación de Cabo de Cruz impulsou melloras e a realización de proxectos na localidade

La Voz de galicia 




MODIFICOUSE O CALENDARIO FISCAL





A Unión informa:



Infórmanos o Concello de Boiro, que por motivos de modificación do calendario fiscal, a contribución do “IBI” que viña realizándose no mes de novembro de cada ano, agora farase no mes de abril para os domiciliados. Os que non lo esteen, deberán pagar do 20 de marzo ao 20 de maio. Si se desexa, poderase fraccionar o pago, para elo deberá presentarse solicitude en o Concello antes do primeiro de marzo e poderá pagar en tres pagos. O primeiro o 20 de abril, o segundo o 5 de xuño, e terceiro o 5 de xullo.


Agora o imposto dos vehículos pagarase a finais de ano.