A UNION CONTINUA Ó FRONTE CA MESMA DIRECTIVA.

Celebrada a asamblea do pasado sábado , no que se convocaban eleccións,chegouse a conclusión, dada a no presentacion de novos candidatos, e só haber unha candidatura, de que a asociación continúa ó frente por dous anos máis, baixo a dirección da mesma directiva, coa novedade da baixa de Manuel Dieguez e a alta no seu lugar de José Romero ,mais conocido coma "O Barón" como Tesoreiro. Polo demais todo segue igual... tamén informar que proximamente mandaráse unha circular informativa os socios e veciños, para convocar unha reunión ou asamblea extraordinaria e tratar un tema tan importante na parroquia como é o P.O.L.(Plan de Ordenación do Litoral).

EXITO ESPECTACULAR DE PETER PUNK NO PARQUE DO SUBUQUEIRO.

O vindeiro sábado celebrouse no parque do Subuqueiro, un espectáculo dirixido especialmente ós nenos,por parte do pallaso e showman "Peter Punk",conmemorando o 6º aniversario do supermercado Claudio,dende aquí darlle as grazas a Miguel por tan exitosa idea,xa que foi numerosa a asistencia de nenos que o pasaron en grande. Dende a Unión agradecemos este tipo de detalles por parte das empresas da parroquia, e animamos a que continuen nesa dirección..... ¡NORABOA MIGUEL!