A Unión
Convida a asistir e participar nas
 
XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN: O MAR DE PLÁSTICO
 
25-26 de marzo de 2017


O mar é fonte vida: proporciónanos osíxeno, comida e unha forma de vivir.
Por todo isto e moito máis creemos que todos debemos respectalo e coidalo.
A presenza de residuos, moitos deles plásticos, pon en perigo o seu equilibrio e produtividade.

Convidamos a tódalas persoas que o desexen a participar nas xornadas de sensibilización que organiza o Foro ecolóxico de Boiro, en colaboración co Concello de Boiro e a Cruz Vermella.

Agradeceriamos profundamente a súa presenza e implicación

Sábado 25 de marzo, salón de actos do Centro Social de Boiro

18:00.- Presentación das xornadas e das institucións e entidades colaboradoras.
18:45.- Documental: Sopa de plástico.
19:45.- Charla-debate sobre posibles medidas para reducir a presenza de plástico nos noso mar. Reducir e reciclar: beneficios e posibles vías secundarias de ingresos para o sector do mar.

Domingo 26 de marzo, praia de Barraña

9:30.- Encontro para reparto de material e distribución de zonas de limpeza
10:00.- Traballos de recollida de resíduos non orgánicos.
13:00.- Finalización da recollida e depósito do material nas zonas habilitadas.
13:30. - Remate das xornadas.

Prégase confirmación, sobre todo para o día 26 para ter material dispoñible para todos. Mandar un correo a aunionxuntadirectiva@yahoo.es