XUNTA DE ASEMBLEA DE A UNIÓN

Estimados socios e veciños, informamoslle que o vindeiro día 21 de setembro, teremos unha asamblea xeral, que terá lugar no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz as 6:00 tarde. Principalmente debatiremos a afectación da parroquia dende a reciente reforma da Ley de Costas, e informaremos do estado das contas da asociación entre outras cousas. Contaremos ca asistencia do Sr. Alcalde de Boiro Dn. Juan José Dieste Ortigueira e o Arquitecto Dn. Amancio Losada, que explicarán na medida do posible as xestións feitas dende o concello ó respecto. ¡Non faltedes!
Socios de "A UNIÓN"
e veciños de Cabo de Cruz


Luis Carlos Paz Martínez

O Presidente de "A UNIÓN" 

Informa:

A Asociación de Veciños "A UNIÓN", tras o nomeamento do seu novo presidente ea súa mesa directiva,  solicitou ao Concello de Boiro a realización de varias obras urxentes para o pobo de Cabo Cruz.

"A Unión" quere compartir con vostede o seu entusiasmo e satisfacción pola boa vontade das autoridades do Concello de Boiro que tras a peticións feitas pola nova directiva da “A UNIÓN”, tomaron a iniciativa e aplicou as seguintes obras:

  • A construción do aparcadoiro e beirarrúas da escola de Valiño, traballo feito para a seguridade dos nenos.
  • Reconstrución da rúa "Corvino", traballo que está en marcha e a piques de rematar.
  • A sustitución da acometida de auga que abastece a Cabo de Cruz, que estaba moi danada e en reparación constante, agora ten un avance de aprox. do 75%
  • A construción da estrada do Chazo ten xa marxes limpas, esta listo para a súa pavimentación
  • A xestión para o establecemento de unha liña de autobús directo do Cabo de Cruz ata Hospital do Barbanza xa autorizado e será posta en marcha en breve.