CONTACTAR

 Asociación de Veciños “A Unión”.
Dirección:
Campo, 2 Baixo. Dereita.
15939 Cabo de Cruz - Boiro (A Coruña)
Teléfono: 981 84 70 01
Fax: 981 84 70 01
e-mail: aunion@cabodecruz.org, aunionxuntadirectiva@yahoo.es

POBOACIÓN A QUEN VAI DIRIXIDA

A Parroquia de Sta. María do Castro alberga, no seu conxunto, unha poboación de preto de 3.000 habitantes (arredor dunhas 750 familias). Das oito parroquias que conforman o Termo Municipal é a que acusa unha maior densidade de poboación. Goza dunha situación económica que poderiamos cualificar de moderadamente boa, propiciada se cadra polo crecemento de diversos sectores productivos nos últimos anos, entre os que destacan a pesca e o marisqueo, o que comportou unha diversificación da actividade económica en torno a outros sectores: servicios, construcción, comercio, turismo, etc.

Este nivel de desenvolvemento socioeconómico e as distintas posibilidades que o lugar ofrece non se ven correspondidos cos niveis de desenvolvemento sociocomunitario, cultural e educativo, posto que as inversións realizadas neste senso atópanse practicamente centralizadas na capital do municipio.

As inquedanzas dos veciños e veciñas desta parroquia vense claramente reflectidas nas múltiples formas asociativas existentes e o alto nivel de actividades e servicios desenvolto por estas, a pesares dos poucos recursos con que ditas entidades contan.

É de destacar neste senso a actividade desenvolta e os servicios que están a prestar estas entidades nos seus diversos ámbitos de actuación, caso do Club de Xubilados, A.P.A. do C.P. de Sta. María do Castro, a Asociación Gamela, e A/VV “ A UNIÓN” no terreo sociocultural e educativo; o Club de Remo, Club de Volea e S.D. Cabo de Cruz no eido do deporte; así como as diversas agrupacións empresariais e profesionais no aspecto socioeconómico e laboral.

Aínda así, débese entender que as gañas e vontade amosada por estas entidades de traballar pola mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas desta parroquia non serve de moito se por parte das administracións non se lles facilitan as ferramentas e medios necesarios para o desenvolvemento da súa labor social.

MEMORIA DE LOGROS

Ø A Asociación de Veciños “A UNIÓN” de Sta. María do Castro é unha das entidades pioneiras a este respecto no termo municipal, xa que dende a data da súa constitución, no ano 1979, vén desenvolvendo unha moi importante labor nos distintos eidos que afectan á vida cotiá e á realidade do lugar, en consonancia co seu principal fin que é o de servir á comunidade que a conforma.

Ø Proba desta traxectoria son os distintos logros acadados e os investimentos realizados en distintos lugares da parroquia e moi especialmente no que se refire á mellora de infraestruturas e servicios, así como a defensa dos intereses dos veciños/as da parroquia ante as distintas administracións e organismos públicos:
o Construción e remodelación do Cemiterio Parroquial, coa colaboración do Concello de Boiro e da Deputación Provincial. Así como unha posterior ampliación do mesmo iniciada no ano 1998 e rematada no 2001, continuando na actualidade colaborando coa xestión do mantemento do mesmo.
o Reparación dunha Soleira no lugar da Ribeira Grande, coa axuda do Padroado Provincial para a Mellora do Medio Rural, no ano 1998.
o Primeira, Segunda e Terceira Fase, nos anos 2000, 2001 e 2002 respectivamente, da construción dunha Área Recreativa no entorno da Igrexa de Sta. Mª do Castro, xunto coas axudas acadadas da Deputación Provincial e do Concello de Boiro, procedendo na actualidade cunha Cuarta Fase.
o Elaboración, consensuada con tódalas entidades locais, do proxecto da ampliación do peirao de Cabo de Cruz, no 2001. Seguimento na actualidade do estudio do proxecto.
o Estudio do PXOM e presentación de alegacións ó mesmo coa pretensión de mellorar o desenvolvemento da Parroquia do Castro.
o Acadar a participación da Entidade nos Plenos do Concello no ano 1998.
o Convocatoria dunha Mesa Redonda de tódolos candidatos ás eleccións municipais por segunda vez.
o Loita contra os vertidos e a contaminación en defensa da saúde pública, sempre que é necesario.
o Loita pola existencia dun servicio básico de saneamento e denuncia pola falla do mesmo, dende o ano 1997.
o Loita por acadar a construción de instalacións para actividades deportivas e culturais, a través da presentación de propostas ás entidades competentes, dende o ano 1997.
o Actualmente, traballando no proxecto de construción dunha Casa Rectoral e Salóns Parroquiais multiusos en Sta. Mª do Castro e na sinalización de toda a Parroquia do Castro, entre outras cousas.
o Arranxo de camiños veciñais, alumeado, etc.
o Arranxo do Parque Infantil de Subuqueiro no ano 2006.
o Paseo Marítimo da Ribeira Grande 2007.
o Remodelación do Paseo Marítimo de Carragueiros no ano 2008.
o Arranxo do muelle da Abilleira no ano 2007.
o Cambio do alumeado na carretera xeral, dende a de Pita ata a Praza do Carme no 2007.
o Parque biosaludable xunto á Casa do Mar no 2008.

Ø Esta entidade, que conta con máis de 300 familias asociadas (máis de 1.000 beneficiarios/as), ten posto en marcha dende o ano l995 un amplo programa de actividades culturais e servicios co fin de atender e dar resposta ás distintas necesidades e intereses veciñais, así como fomentar a cultura e a sociabilidade entre a xente do pobo:
o Homenaxe ó Club de Remo de Cabo de Cruz no ano 1999.
o Celebración do 70 Aniversario da Parroquia no ano 1999.
o Creación dun Grupo de Danza e Música Tradicional, chamado “Ondas do Castro”.
o Celebración de Festas Tradicionais, cada ano (Festival de Nadal, Entroido, Letras Galegas, Magosto, Recuperación da Tradicional Romaría do Castro)
o Campañas de difusión cultural (charlas, encontros literarios, viaxes culturais, exposicións de pintura, fotografía, manualidades, etc.)
o Concursos Fotográficos e Literarios.
o Cursos e clases dirixidos a tódolos niveis (Pintura, Manualidades, Bolillos, Informática, Música Tradicional, Baile Tradicional, Inglés, Galego, etc.)
o Preparación para as probas de acceso ó Título de Graduado Escolar para maiores, así como ESO e Bacharelato dende o ano 2000.
o Actividades Deportivas (campionatos, xogos populares, etc.)
o Edición dun Boletín Informativo trimestral chamado “Ó Socaire” dende o ano 1995.
o Creación e apertura dunha biblioteca local no ano 1995.
o Nacemento dende A Unión da Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras “Gamela” de Cabo de Cruz.
o Creación dunha aula de internet acadada dunha subvención da Consellería de Cultura coa contribución de 5 PC, no 2002.
o Organización do Mes Cultural no Castro – maio 2002 e maio 2003: celebración das Letras Galegas coa realización de todo un mes de actividades culturais e deportivas (concursos, xogos populares, charlas, concertos, obras de teatro, exposicións, etc.)
o Esta actividade acadou un importante éxito de participación e aceptación nos dous anos.

o Creación da Comunidade de Propietarios do Cemiterio do Castro en Xaneiro do 2006, esta comunidade rexirá o Cemitério Parroquial de Sta. María do Castro.

o Nacemento dende A Unión da Asociación Festas do Carme de Cabo de Cruz en Novembro de 2006.

o Biblioteca informatizada cun PC, acadado dunha subvención da Secretaría Xeral de Comunicación en Maio do 2006.

o Actuación do Grupo de Baile Tradicional AROÑA e o Grupo de Gaitas Noitebra, no 2007.

o Celebración do Nadal coa ornamentación dunha árbore de Nadal, prantando no Parque de Subuqueiro un abeto, con animadores socio-culturais e Papa Noel, chocolate e castañas asadas.

o Inclusión da entidade dentro do Programa LEADER de Galicia 2007-2013.

o Homenaxe a Tripulación Feminina Trainerillas do Clube de Remo de Cabo de Cruz, por seren campionas de España, neste homenaxe entregóuselles unha placa conmemorativa durante as Festas do Carme 2008.

o Solicitude de titularidade pública do manatial de Fontenla no 2008.


Ø Con motivo de tentar prestar un servicio de defensa dos dereitos e de xestión particular dos intereses de cada socio (licencias, certificacións, solicitudes, pensións, becas, permisos, declaracións da renda, etc.), é polo que ten aberto ó público un local de Información e Atención Cidadán, e da mesma maneira acadar outro dos obxectivos propostos: procurar e xestionar axudas a tódolos niveis, que redunden na consecución dunha mellora na calidade de vida no conxunto desta parroquia.

SERVICIOS ESPECIAIS

Ø Asesoramento e Xestións de carácter particular dos asociados:
Ø Solicitudes diversas a Administración Local.
Ø Cumprimentación e tramitación de instancias a outras administracións e demais organismos públicos (Deputación, Xunta, Goberno Central, Seguridade Social, I.S.M., …) :
o Solicitudes de Subvencións;
o Permisos.

Alguns destes servicios non teñen carácter gratuíto e os seus usuarios deberán abonar unha cantidade establecida pola Xunta Directiva. (O custe, en todo caso, será reducido e acorde ó tipo de servicio).

Ø Actividades e servicios varios:
· Cursos de formación (formación e capacitación profesional, educación de adultos, galego, mecanografía, informática, …)
· Cursiños e talleres varios de carácter cultural, deportivo, etc, tales como: música, baile, teatro, natación, vela, fotografía,…
· Organización de actividades de carácter socio-cultural, recreativas, deportivas, etc,tales como: charlas e conferencias, actividades aire libre, certames, torneos,…
· Excursións e viaxes.

SERVICIOS ORDINARIOS

Defensa dos intereses dos veciños/as da parroquia ante as distintas administracións e organismos públicos no referente a:
· Urbanismos e servicios básicos;
· Educación cultura e deporte;
· Sanidade e saúde pública;
· Medio ambiente;
· Lecer e tempo libre;
· Patrimonio;
· Turismo;
· Servicios Sociais;
· Asuntos de carácter socio-económico e laboral;
· Tódolos relacionados cos dereitos dos/das cidadáns.
Información e defensa dos dereitos dos asociado como consumidores e contribuíntes ante as distintas administracións e organismos públicos (Fenosa, Telefónica, Correos,…), empresas é/ou particulares: solicitudes, reclamacións,…

Estos servicios serán gratuítos para os asociados e os seus beneficiarios.